Translate

jueves, 31 de marzo de 2016

O SISTEMA SOLAR MÁIS GRANDE DO UNIVERSO

    Trátase do sistema formado pola estrela TYC 9486-927-1  e o planeta 2MASS J2126-8145. Este planeta ten unha masa entre 12 e 15 veces superior á de Xúpiter, é dicir, entre 3.800 e 4.770 veces a masa da Terra. Podería parecer un planeta xigante, pero os espertos non o creen así. 
     Este planeta ten unha masa demasiado pequena para a gran órbita que ten, equivalente a unha anchura de 140 órbitas de Plutón, ou 7.000 órbitas terrestres. Referindose aos números, este planeta ten unha órbita de un billón de kilómetros respecto á súa estrela. 
    Con estes datos, os científicos puideron calcular o seu período orbital aproximado, é dicir, canto tarda en dar unha volta á súa estrela. Este período é de aproximadamente 900.000 anos. Tamén se afirma que o planeta leva orbitando á estrela entre 10 e 45 millóns de anos, polo que o planeta como moito apenas habería dado 50 voltas á súa estrela en todo ese tempo. 
El Principito
    Este sistema é en difinitiva o máis grande atopado ata agora, triplicando a distancia planeta-estrela do anterior sistema máis grande. 
    Como anécdota. cabe dicir que tanto o planeta como a estrela coñecíanse dende hai oito anos, pero debido á enorme distancia que os separa, non se había atopado relación algunha entre eles. Un habitante de ese planeta vería a súa estrela como unha máis no horizonte, e moi posiblmente nin se daría de conta de que a estaba orbitando. 
    

No hay comentarios:

Publicar un comentario