Translate

martes, 17 de mayo de 2016

VIAXES NO TEMPO


O físico nuclear español José Enrique Amaro presentou no seu último libo a posibilidade de viaxar no tempo dende a perspectiva da ciencia, centrándose na teoría da relatividade. Según el o pensar na posibilidade de viaxar no tempo chaga coa teoría da relatividade de Einstein, xa que antes, na física clásica de Newton, o tempo era fixo e intocable.

En primeira instancia, sabendo agora que o tempo depende da velocidade do observador, indo a velocidades próximas á da luz poderíase viaxar ao futuro. Por outra banda, coa teoría da relatividade xeneral, que defende que o espacio e o tempo se curvan, permitindo viaxar ao pasado. Físicos como Stephen Hawking, Kurt Godel o Kip Thorne xa estudaron a posibilidade de aplicar as fórmulas de Eintein aos viasxes no tempo, pero sen atopar resposta. 



Por outra banda, hay que contemplar a existencia das paradoxas temporais. É dicir, se vas ao pasado e matas ao teu avó, que pasaría contigo sería unha paradoxa temporal. Según o autor, deben existir certos principios da física que eviten esto, pese a que aínda non os coñecemos. 



    A teoría da relatividade revela que o viaxe no tempo esta estreitamente conectado coa luz e co espazo, polo que o mecanismo para viaxar no tempo é simple. Para ir ao futuro bastaría con perseguir un raio de luz a unha velocidade similar á súa, e para ir ao pasado hay que adiantar a un raio de luz tomando un ataxo polo espazo-tempo. 





A REXIÓN DO CEREBRO PARA AS MATEMÁTICAS

    Recentemente realizouse un experimento nunha instalación ao sur de Paris. Nela convocouse a varos matemáticos ea outras persoas que non exercían esta profesión. A estas persoas se lles presentaron varios enunciados de caracter matemático, e tiñan que decidir en menos de 4 segundos se estes enunciados eran verdadeiros ou falsos. 
    Ao mesmo tempo, os investigadores analizaban mediante escáner a actividade cerebral dos individuos, buscando identificar se existe unha base neuronal tralo pensamento matemático avanzado. Finalmente chegaron á conclusión de que en efecto existe unha rexión do noso cerebro dedicada a entender o álxebra e a xeometría. Ao analizar os enunciados, activábanse varias zonas do cerebro en ambos hemisferios. Sen embargo, estas partes só se activan se o enunciado pertence á súa especialidade. Ademais, estas zonas coinciden coas activadas ao realizar sumas, restas ou calquer outro tipo de operación matemática. 

    Non obstante, que os procesos mateáticos teñan base neuronal non significa que exista un "xen matemático". Según estudos de investigadores noruegos, o que realmente fai a un bo enmatemáticas é a práctica, xa que entón o coñecemento se consolida no neocórtex, a zona que usan os adultos principalmente para resolver operacións matemáticas. 
     Aínda así, cabe destacar que o científico Roi Cohen Kadosh, da universidade de Oxford, conseguiu mellorar a largo prazo as capacidades matemáticas de varios individuos tras aplicar pequenas descargas eléctricas con electrodos en zonas determinadas do cerebro. Según el, o cerebro é extraordinariamente plástico, polo que utilizando técnicas de estimulación non invasivas en áreas concretas pódese mellorar substancialmente as capacidades cerebrais. 

domingo, 8 de mayo de 2016

REXURDIMENTO DA CIENCIA ESPACIAL RUSA

 O pasado 20 de abril foi lanzado no novo cosmódromo de Vostochni un cohete Soyuz 2-1A. O cohete levará tres satélites. Un deles será o observatorio astronómico Lomosonov, un satélite multifunción para a observación de asteroides peligrosos para a Terra. Ademáis, este evento estreará o cosmódromo mencionado anteriormente, que xunto cun potente programa espacial da a sensación do rexurdimento da ciencia espacial en Rusia.  


       No tocante ao satélite Lomosonov, terá como tarefa observar dende á Terra ata o espazo exterior. Mirando á Terra estudará un fenómeno chamado "destellos luminosos transitorios", unhas extranas descargas eléctricas producidas na atmósfera terrestre, entre 10 e 70 kilómetros por enriba da superficie do mar.  Ademais, este satélite esta armado con multitude de instrumentos científicos de última xeración, algo inusual en Rusia nos últimos anos, que habituaba a lanzar satélites militares principalmente. Estes intrumentos permitirán estudar erupciones de raios gamma. Tamén estudará a luz ultravioleta presente na atmósfera terrestre e observará o universo na busca de supernovas e de asteroides. Este cosmódromo comezou a construirse en 2011, pero pese a lanzar xa ao seu primeiro cohete, seguirá en construcción ata 2018 para así substituír ao cosmódromo de Baikonur, que trla caída da URSS quedou en territorio de Kazaxistán.                                                                                                                                                                                                O rexursir de Rusia non se queda aquí. O goberno ruso aprobou un plan de dez anos organizado polo xigante espacial Roscosmos, cun presuposto de 20 mil millóns de dólares e que terá como obxectivos principais o envío de numerosas sondas á Lúa e á Marte para estudar, por exemplo, a existencia de auga nestes astros. Tamén se construirán varios telescopios de Raios x, que aínda con retraso, cobrou novo ímpetu grazas á colaboración con Alemaña. 
    En definitiva, pese a non ter todo o poder espacial que URSS chegou a ter, o xigante ruso esta a despertar de novo neste ámbito científico.