Translate

martes, 17 de mayo de 2016

A REXIÓN DO CEREBRO PARA AS MATEMÁTICAS

    Recentemente realizouse un experimento nunha instalación ao sur de Paris. Nela convocouse a varos matemáticos ea outras persoas que non exercían esta profesión. A estas persoas se lles presentaron varios enunciados de caracter matemático, e tiñan que decidir en menos de 4 segundos se estes enunciados eran verdadeiros ou falsos. 
    Ao mesmo tempo, os investigadores analizaban mediante escáner a actividade cerebral dos individuos, buscando identificar se existe unha base neuronal tralo pensamento matemático avanzado. Finalmente chegaron á conclusión de que en efecto existe unha rexión do noso cerebro dedicada a entender o álxebra e a xeometría. Ao analizar os enunciados, activábanse varias zonas do cerebro en ambos hemisferios. Sen embargo, estas partes só se activan se o enunciado pertence á súa especialidade. Ademais, estas zonas coinciden coas activadas ao realizar sumas, restas ou calquer outro tipo de operación matemática. 

    Non obstante, que os procesos mateáticos teñan base neuronal non significa que exista un "xen matemático". Según estudos de investigadores noruegos, o que realmente fai a un bo enmatemáticas é a práctica, xa que entón o coñecemento se consolida no neocórtex, a zona que usan os adultos principalmente para resolver operacións matemáticas. 
     Aínda así, cabe destacar que o científico Roi Cohen Kadosh, da universidade de Oxford, conseguiu mellorar a largo prazo as capacidades matemáticas de varios individuos tras aplicar pequenas descargas eléctricas con electrodos en zonas determinadas do cerebro. Según el, o cerebro é extraordinariamente plástico, polo que utilizando técnicas de estimulación non invasivas en áreas concretas pódese mellorar substancialmente as capacidades cerebrais. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario