Translate

domingo, 8 de mayo de 2016

REXURDIMENTO DA CIENCIA ESPACIAL RUSA

 O pasado 20 de abril foi lanzado no novo cosmódromo de Vostochni un cohete Soyuz 2-1A. O cohete levará tres satélites. Un deles será o observatorio astronómico Lomosonov, un satélite multifunción para a observación de asteroides peligrosos para a Terra. Ademáis, este evento estreará o cosmódromo mencionado anteriormente, que xunto cun potente programa espacial da a sensación do rexurdimento da ciencia espacial en Rusia.  


       No tocante ao satélite Lomosonov, terá como tarefa observar dende á Terra ata o espazo exterior. Mirando á Terra estudará un fenómeno chamado "destellos luminosos transitorios", unhas extranas descargas eléctricas producidas na atmósfera terrestre, entre 10 e 70 kilómetros por enriba da superficie do mar.  Ademais, este satélite esta armado con multitude de instrumentos científicos de última xeración, algo inusual en Rusia nos últimos anos, que habituaba a lanzar satélites militares principalmente. Estes intrumentos permitirán estudar erupciones de raios gamma. Tamén estudará a luz ultravioleta presente na atmósfera terrestre e observará o universo na busca de supernovas e de asteroides. Este cosmódromo comezou a construirse en 2011, pero pese a lanzar xa ao seu primeiro cohete, seguirá en construcción ata 2018 para así substituír ao cosmódromo de Baikonur, que trla caída da URSS quedou en territorio de Kazaxistán.                                                                                                                                                                                                O rexursir de Rusia non se queda aquí. O goberno ruso aprobou un plan de dez anos organizado polo xigante espacial Roscosmos, cun presuposto de 20 mil millóns de dólares e que terá como obxectivos principais o envío de numerosas sondas á Lúa e á Marte para estudar, por exemplo, a existencia de auga nestes astros. Tamén se construirán varios telescopios de Raios x, que aínda con retraso, cobrou novo ímpetu grazas á colaboración con Alemaña. 
    En definitiva, pese a non ter todo o poder espacial que URSS chegou a ter, o xigante ruso esta a despertar de novo neste ámbito científico. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario