Translate

jueves, 4 de febrero de 2016

VIRUS "ZIKA"

   O Virus Zika é un virus da familia "Flavivirus", transmitida pola picadura de mosquitos, e que produce unha enfermidade en humanos chamada "Febre do Zika". 
    
   O contaxio prodúcese cando un mosquito morde a unha persoa enferma, zugando o sangue e infectándose, e logo morde a unha persoa sa, á cal lle transmite a infección.

   Os síntomas desta enfermidade son similares aos de outras enfermidades transmitids por mosquitos, como o dengue, aínda que no 60-80% das veces non se manifesta ningún síntoma. Cando se manifestan, os síntomas perduran de 2 a 7 días, e entre eles se encontran a febre, conxuntivitis, artritis e eflorescencia, un síntoma que consiste nun cambio da epidermis que pode afectar ao color, textura ou apariencia.
   

   Recentemente, como consecuencia da epidemia de Zika en latinoamérica, descubriuse que en mulleres embarazadas o virus Zika pode provocar microcefalia nos fetos. A microcefalia é un trastorno que fai que os nenos nazan con un tamaño do cráneo menos ao habitual. 



  Actualmente non existen tratamentos antivirais específicos, xa da epidemia en latinoamérica apenas se había estudado esta enfermidade.



   Para prevenir esta enfermidade, se recomenda levar camisetas e pantalons con mangas longas, usar repelente de insectos, utilizar toldillos e dormir en habitacións cerradas libres de mosquitos ou con mosquiteiras. 




             

No hay comentarios:

Publicar un comentario