Translate

jueves, 18 de febrero de 2016

SKA (Square Kilometre Array)


   O "SKA" será o radiotelescopio máis grande e máis potente do mundo, e terá como obxectivo a observación de núcleos galácticos activos hasta un corremento ao vermello de 6, cando o universo non tiña aún mil millóns de anos. 


   
   O "Corremento ao vermello" é unha técnica que consiste na desviación cara o vermello da radiación electromagnética (luz visible xeralmente) ao final do espectro electromagnético, que é a distribución enerxética do conxunto de ondas electromagnéticas. Un exemplo de "corremento ao vermello témolo na imaxe da esquerda, onde se pode apreciar a desviación cara o vermello da radiación

SKA overview.jpg
    O "SKA" terá una superficie de aprox. 1 kilómetro cadrado. Grazas a isto, conseguirá traballar en frecuencias de 0,10-0,25 GHz. coa intención de conseguir un rango final de frecuencia entre 0,06 e 35 GHz. Tamén se prevee que sexa unhas 50 veces máis potente que calquer outro radiotelescopio anterior, permitindo tamén a observación de campos de visión independentes, permitindo a doferentes cientíicos estudar diferentes aspectos do universo simultáneamente. Por último, cabe destacar que este radiotelescopio permitirá detectar planetas similares á Terra (en tamaño) a unha distancia de entre centos e miles de anos Luz. Para todo isto, o complexo estará formado por aproximadamente 3.000 telescopios de 15 m de diámetro cada un.     

     España aínda non participa directamente no proxecto, pero sí participan numerosos investigadores e científicos en diferentes grupos de traballo, pertencentes a nove centros de investigación e once empresas españolas. Tamén, durante as reunións periódicas entre ospaíses pertencentes ao desenrrolo deste programa, invítase tamén a un representante español a elas. A aportación económica feita polas empresas españolas ronda os dous mil millóns de euros, recoñecida pola Xunta Directiva do SKA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario