Translate

jueves, 3 de diciembre de 2015

LANZAMENTO DE "LISA PATHFINDER"

     A madrugada do 3 de Novembro de 2015 despegou en Kourou (Guayana Francesa) un cohete que portaba ao satélite "LISA Pathfinder". Este satélite, construído pola Agencia Espacial Europea (ESA) permitirá captar as ondas gravitacionais preditas hace máis de 100 años pola teoría da relatividade de Einstein. Este satélite, que costou máis de 400 millóns de Euros, viaxa ata un punto situado a 1,5 millóns de km da Terra, onde a gravidade do Sol e a da Terra se neutralizan. 
     A súa misión consitste en probar un sistema co que observar as ondas gravitacionais. Estas sacudidas no espazo-tempo orixínanse en fenómenos moi poderosos, coma dous buratos negros xirando un en trono ao outro. Sen embargo, estas ondulacións vanse atenuando coa distancia, coma unha onda no auga.  Actualmente existen experimentos en EEUU que intentan captar estas ondas, aínda que serían moi débilas, e a ESA asegura que os resultados serían os mesmos.
    O obxetivo final é colocar tres sensores dentro de tres sondas que poderían captar ondulacións diminutas, menores que o diámetro dun átomo. Aínda así, este proxecto é a longo prazo, xa que se esperan resultados para 2034.
    No proyecto, participaron varios españois. Cesar García Marirrodriga, director de proxecto da misión, Beatriz Romero, responsable do proxecto para Arianspace, empresa de transporte espacial que construiu o cohete, e Maria Luisa Poncela, secretaria xeral de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación. Os tres coinciden na larga duración e na gran complexidade da misión. Beatriz Romero expuso que este era un traballo que deixarían para as seguintes xeracións, e Cesar García comparou esta misión cunha catedral, declarando que este proxecto era maior a calquera individuo, polo que se debe traballar en común.
   En definitiva, tardarase en verse os resltados deste proxecto, pero unha vez chegen poderemos reslvr moitas cuestións ata agora inresolubles.