Translate

domingo, 8 de mayo de 2016

STRATOLAUNCH

   Stratolaunch é o nome do futuro avión con máis envergadura do mundo, apodado "The Roc" (Roc era unha xigantesca ave de presa da mitoloxía oriental). Este aparato pesará 554 toneladas e terá unha envergadura de 117 metros, é dicir, será máis ancho ca un campo de fútbol. Sen embargo, para que é necesario un avión deste tamaño? Pois para transportar e lanzar cohetes espaciales de máis de 200.000 kilogramos, é dicir, operará como plataforma de lanzamento voadora.
Captura de pantalla 2014-10-05 a la(s) 11.53.56
Cohete "Thunderbolt"
    Nun principio sería SpaceX a empresa encargada da construcción do cohete que transportaría o avión, pero finalmente foi deseñado e construído por Orbital Science, culminando o proxecto co cohete "thunderbolt", que será transportado ata a estrartosfera polo avión, onde será lanzado para despois colocarse en órbita. 
Representación artística do Stratolaunch
   No tocante ao aeroplano, foi deseñado por Stratolaunch Systems, pero será a empresa Scaled Composites a encargada de construilo. Según Stratolaunch Systems, a gran ventaxa desta plataforma aérea lanzacohetes é que permite minimizar os riscos e os costes do lanzamento. Ademais defende que é un método moito máis eficiente enerxéticamente ca os métodos tradicionais e no se ve tan limitado polas condicións meteorolóxicas. Para a súa fabricación utilizáronse 6 motores Pratt &Whitney PW4056 reacondicionados xunto con outras partes de dous Boeing 747-400s de United Airlines. A nave poseerá un doble fuseñaxe, con 72 metros de lonxitude cada un. Conta con 12 rodas no tren de aterrizaxe principal (en cada fuselaxe) máis outras dúas no morro. 
O avión contará cunha tripulación de 3 pilotos, que se colocaran no fuselaxe dereito. Finalmente, o lugar ocupado polo cohete será entre os dous fuselaxes, debaixo das ás


No hay comentarios:

Publicar un comentario