Translate

jueves, 5 de mayo de 2016

LOITAS PREHISTÓRICAS CONTRA CARNÍVOROS

Mordeduras de grandes carnívoros pode observarse en varios osos de homínido cunha antiguidade duns 500.000 anos. Estes osos, con marcas posiblemente de hienas foron atopados recentemente en Marrocos, cerca de Casablanca. Este descubrimento permitirá coñecer e entender a interacción de animais e homínidos no Pleistoceico Medio, cando compartían e competían por espacios e recursos comúns e necesarios a ambas especies.
As hienas prehistóricas eran moito
 máis grandes cas actuais
As marcas nos osos non permiten coñecer se foron causadas por un acto de depredación ou se producieron despois da morte do homínido. Pese a isto, esas marcas son a primeira posible proba de que os primeiros "homo" (concretamente Homo rhodesiensis) puideron servir de alimento para animais de este tipo na zona de Marrocos. Noutros lugares este comportamento era coñecido, pero esta é a primeir evidencia atopada no país africano.
Camille Daujeaard, do Museo Nacional de Historia Natural de Francia expón que aínda que atopáronse osos de seres humanos nas covas utilizadas polas hienas, non existen probas de confrontación directa entre ambas especies. 
No lugar onde foron atopados os restos, encontráranse outros nos que as evidencias defendían o caso ocntrario, é dicir, eran os humanos os que cazaban e se alimentaban doutros carnívoros. Pese a estas evidencias, sempre existe o caso de que nunha confrontacion contra outro depredador o desenlace sexa fatal, algo que posiblemente lle pasou ao noso homínido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario