Translate

jueves, 25 de febrero de 2016

O PORQUÉ DA MOA DO XUÍZO

    Dende sempre o ser humano tivo que aguantar a saida das moas do xuízo, sen que estas servisen de nada, incluso cando a veces a dor que sentimos pola súa saída e case insoportable. Sen embargo, agora xa podemos saber porque no noso organismo existen ese par de moas (o terceiro) que sae cando crecemos.
    Xa os nosos ancestros posuían este terceiro par de moas, pero era diferente ao noso. As súas moas eran ata catro veces maior ca as nosas, cunha superficie plana que indica que estaban destinadas a masticar alimentos. Anos atrás, a bióloga Kathryn Kavanagh, da universidade de Massachusetts, propuso unha teoría do desenrolo dental dos mamíferos, baseándose en datos obtidos de ratos.

    Un compañeiro seu, Alistair Evans, encabeza agora unha investigación onde extende ese modelo aos homínido. descubriu que este modelo pode explicar a dexeneración do tercer molar dende a antiguidade ata agora. Fai un par de millóns de anos, o tamaño das moas comezou a depender do tamaño da dentadura, mentres que anteriormente o tamaño dos dentes dependía dos dentes colindantes. Por isto, como consecuencia da redución da dentadura co paso da evolución, as moas do xuízo fixéronse mais pequenas.
   Sen embargo, esta teoría non vai impedir que sigamos sentindo dor por ese molesto tercer par de moas. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario