Translate

jueves, 10 de marzo de 2016

A CARNE E O NOSO ROSTRO

Os primeiros representantes do xénero "homo" comezaron a consumir carne fai 2,6 millóns de anos, e isto foi un elemento clave na evolución dos seres humanos ata a aparición da agricultura. Despois, desenroláronse industrias líticas e técnicas de cocinado que puideron afectar tamén á morfoloxía da boca, da cara e dos dentes, aínda que non se sabe con certeza cales puideron ser os cambios exactamente.

Posteriormente os humanos comezaron a desenrolar cerebros máis grandes e complexos, e isto tivo que vir acompañado dunha demanda enerxética maior. Sen embargo, a dentadura destes novos humanos era máis pequena, os músculos da boca máis febles e as mandíbulas e gargantas máis afiladas e estreitas. Isto puido deberse a utilización de distintas ferramentas e mecanismos para cortar e cociñar a carne.
Tras numerosos estudos, descubriuse coas ferramentas para trocear aa carne se podía reducir un 17% o tempo de mastigamento e un 26% a forza requerida para triturar a carne. Ademais, a carne cruda é moi elástica, e coa nosa dentadura actual costaría moito mastigala, xa que se precisan de dentes afiados que a xeración "homo" e os simios non posúen.

No hay comentarios:

Publicar un comentario