Translate

jueves, 17 de marzo de 2016

DESCUBRIMENTO DAS ONDAS GRAVITACIONAIS

   Recentemente realizouse un descubrimento que se podería catalogar de "único". Fai xa un século, Albert Einstein asegurou que existía un fenómeno chamado onda gravitacional. As ondas gravitacionais son perturbacións no espacio tiempo producidas por corpos masivos acelerados. Como exemplo, poderíase por un anaco de papel ou plástico que se encolle e estira mentres está na túa man. 

    Recentemente os científicos da colaboración LIGO conseguiron probar que Einstein tiña razón. A través dos modernos detectores de dúas sondas enviadas ao espazo conseguiron localizar as ondas gravitacionais producidas por dous buracos negros a punto de colisionar. Estes dous corpos teñen unha masa igual a 30 masas solares e atópanse a 1.300 millóns de anos luz. Acércanse un ao outro cunha velocidade de aproximadamente a metade da da luz.

    Ademais destas sondas, a colaboración LIGO ten dous laboratorios xemelos en EEUU, un en Livinston e outro en Washington, separados miles de kilómetros, que en 2015 xa tiveran un primer encontro con estas ondas, recibindo os dous unha sinal con 7 milisegundos de diferencia dunha onda gravitacional dos mesmos buracos negros. A colisión dos mesmos produce unha enorme cantidade de enerxía, que en termos dos científicos, "sacude" todo o espazo tempo. Sen embargo nós non nos damos conta porque estas vibracións teñen unha amplitude decenas de veces inferiores a un cabelo humano.
  
    Afirman que é un anuncio histórico no que traballaron centos de persoas durante décadas. Agora, existe unha nova e amplia ventá de estudo que requerirá dunha nova xeración de obvservadores e investigadores, acompañado de novos desenvolvementos de tecnoloxías que nos permitan descubrir un pouco máis sobre o que nos rodea.




No hay comentarios:

Publicar un comentario