Translate

jueves, 14 de enero de 2016

SOLUCIONES AO CAMBIO CLIMATICO

Mark Jacobson, profesor de enxeñería civil e medioambiental e Director do Programa da Atmósfera/Enerxía na Universidade de Stanford (EEUU) creou un modelo para lograr a transformación enerxética do mundo en 2050, sen necesidade de usar fontes fósiles ou nucleares e sen aumentar o número de plantas hidroeléctricas.

El e mais o seu equipo estudaron 139 países para converter as súas fontes de enerxía en 100% renovables. Defenden que o coste económico é modesto e salvará vidas, creará empleo e estabilizará o prezo da enerxía. Tamén creen que incluso se reducirá o número de ataques terroristas pola descentralización da enerxía, que fará a todos os países máis independientes enerxéticamente falando.

En España, despois de levar a cabo este plan, recuciríase un 38% a demanda de enerxía con respecto á actual. Por exemplo, un coche a combustible pode ser máis barato ca un eléctrico, pero á larga, facendo 24.000 km durante 15 anos (media en EEUU) poderíase aforrar ata 18.000 €. Con que EEUU se pasase 100% a este modelo, o mundo podería aforrar ata 3,1 billóns de € en gastos derivados do cambio climático.


Respecto ao empleo, non se destruiría, se non que se transformaría, dende as produtoras de enerxía fósil ata as de enerxía renovable. de feito, aquí en España chegaríanse a crear 182.000 postos de traballo durante 40 anos.


Tamén se reducirían as portes por contaminación, estimadas nunhas 27.000 en España, por enfermedades cardiovasculares e respiratorias e complicacións polo asma. Cabe destacar que o coste pola contaminación en España é duns 92.000 millóns de euros, gasto que desaparecería.

En definitiva, o cambio é factible e aínda estamos a tempo, pero demorarse demasiado podería ter consecuencias irreversibles.

No hay comentarios:

Publicar un comentario