Translate

jueves, 21 de enero de 2016

ENERXÍA OSCURA

   A enerxía oscura é unha forma de materia oscura (aquela materia que emite tan pouca radiación que non se pode observar cos métodos actuais, pero que si ten efectos gravitacionais) presente en todo o espazo que sería a culpable de que o universo estivese en expansión, debido a que é unha forza gravitacional repulsiva.


   Os datos das sondas COBE e WMAP sinalan que o Universo esta formado nun 5 % de materia e enerxía ordinarias, nun 25 % de materia oscura (que xera gravidade, consonte os datos obtidos da rotación das estrelas nas galaxias), e nun 70 % de enerxía escura (que mantén a súa densidade fixa no universo, a diferenza da materia e enerxía ordinarias que se diluen pola expansión do universo).



   Aínda que foi Albert Einstein o que postulou no século XX a existencia dunha enerxía á que chamou constante cosmolóxica, e que despois desdeñou coma un dos seus maiores erros, non sería ata o ano 1998 cando dous equipos científicos demostraron a expansión acelerada do universo e polo tanto a existencia da chamada enerxía escura. Un deles chamado "Proxecto Cosmolóxico Supernova"(Supernova Cosmology Project) dirixido por Saul Perlmutter no Laboratorio Nacional Lawrence Berkeley (Estados Unidos); e o outro chamado "Equipo de Busca de Supernovas de Alto Z" (High-z Supernova Search Team) dirixido por Brian Schmidt da Australian National University en Weston Creek (Australia), e no que tamén traballa Adam G. Riess da Jhons Hopkins University e do Space Telescope Science Institute de Baltimore (Estados Unidos). Ambos os equipos estudando as explosións de supernovas de tipo IA -como candeas estándar- descubriron de xeito independente a expansión acelerada do universo, isto é a separación entre os obxectos do universo aumenta de xeito exponencial en todas as direccións. Dende entón, a aceleración tense confirmado por outras fontes: medidas do fondo cósmico de microondas, lentes gravitacionais, nucleosínteses primixenias de elementos lixeiros, estrutura a grande escala do universo, medidas melloradas de supernovas IA, todas elas teñen sido consistentes co modelo Lambda-CDM. Saul Perlmutter, Brian P. Schmidt, e Adam G. Riess foron galardoados co Premio Nobel de Física no ano 2011 polo descubrimento da expansión acelerada do universo.

   O ámbito de estudo da enerxía oscura é algo relativamente novo do que aínda só sabemos un pequeno anaco do que algún día saberemos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario