Translate

jueves, 7 de enero de 2016

A HISTORIA DOS RAIOS-X

Os Raios-X son emisións electromagnéticas da natureza, semellantes á luz visible. A súa lonxitude de onda pode variar dende 0,05 angstrom (1 angstrom = 10-10 m) ata centos deles.
A súa historia comeza con James Clerk Maxwell, no século XIX, quen previu a existencia e a natureza das ondas electromagnéticas, incluída a luz visible.

En 1887, o alemán Heinrich Rudolf Hertz, produciu as primeiras ondas electromagnéticas artificiais (ondas de radio), usando consellos de Hermann von Helmholtz. Entre outras cousas, Helmholtz suxeriu que unha radiación electromagnética de alta frecuencia debería interactuar fortemente coa materia, á semellanza das ondas sonoras nun instrumento de cordas. Suxeriu tamén que estas ondas poderían ser moi penetrantes.
Helmholtz chegou a indicar o instrumento adecuado para producir esas ondas penetrantes: a ampola de Crookes, chamada na época tubo de Crookes, onde eran xerados os misteriosos raios catódicos, que son correntes de electróns observados en tubos de baleiro.
Moitos científicos en Europa comezaron a procurar ese tipo de radiación. Entre eles, o maior especialista en raios catódicos de Alemaña, Philipp Lenard.
A dificultade na época era que non se dispuña dun método de detección que mostrase se de feito existían tales radiacións.

O seu descubrimento chegou a mans de Wilhelm Conrad Röntgen, que descubriu e bautizou aos Raios-X, facendo a primeira radiografía da historia. Isto ocorreu cando Röntgen estudaba o fenómeno da luminiscencia  producida por raios catódicos nun tubo de Crookes. Este dispositivo, foi envolto cunha caixa de papel negro e gardado nunha cámara escura. Próximo á caixa, había un pedazo de papel recuberto de platinocianeto de bario. Conrad Röntgen percibiu que, cando fornecía corrente eléctrica aos electróns do tubo, este, emitía unha radiación que velaba a chapa fotográfica e, intrigado, resolveu intercalar entre o dispositivo e o papel fotográfico, corpos opacos á luz visible. Desta forma obtivo probas de que varios materiais opacos á luz diminuían, mais non eliminaban a emisión desta estraña irradiación inducida polo raio de luz invisíbel, entón descoñecido.
Isto indicaba que a enerxía atravesaba facilmente os obxectos, e se comportaba como a luz visíbel. Despois de exhaustivas experiencias con obxectos inanimados, Röntgen resolveu pedir á súa esposa por a man entre o dispositivo e o papel fotográfico. A foto revelou a estrutura ósea interna da man humana, con todas as súas formacións óseas, foi a primeira imaxe de raios X, nome dado polo científico á súa descuberta o 8 de novembro de 1895.

Un dos seus principais usos en análises de órganos internos, investigacións de fracturas, tratamento de tumores, cancro... A tolerancia do corpo humano ás radiacións emitidas polos Raios-x é de 0,1 Röntgen por dia máximo, en toda a supercificie do corpo. A exposición prolongada aos Rais-X pode producir arrugamento da pel, creación de úlceras e ampollas, e en casos extremos, cánceres, morte das células e leucemia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario