Translate

jueves, 8 de octubre de 2015

TEOREMA DE PITÁGORAS


    Pese a levar este nome, existen probas que nos fan pensar que dito teorema puido ser desarrollado moito antes de que Pitágoras nacese. A pirámide de Kefrén, construida no s.XXVI a.C. foi a primeira gran piramide construida co chamado "triángulo sagrado egipcio", cunhas propocions 3-4-5. Dividían un anaco de corda en 12 partes iguais separadas por nos. Logo formaban un lado con 3 partes iguais, outro con 4 e outro con 5. O ángulo situado enfronte do lado maior sempre era de 90º.Foi utilizado para construír triángulos rectos, moi útiles á hora de realizar a súas construccións arquitectónicas.


    No s.XIX foi descifrada unha tablilla babilónica chamada Plimpton 322. Nela aparecen varias ternas pitagóricas, é dicir, conxuntos de tres números que forman un triángulo rectángulo: (3-4-5), (5,12,13), (6,8,10), (7,24,25), (12,16,20)...



    Ademais, existe certa controversia acerca de se Pitágoras foi o primeiro en demostrar este teorema. Na obra Chu Pei, de orixe chinés, existe unha demostración que pode ser anterior a Pitágoras, aínda que é moi porbable que este non a coñecese:



                                                 trigonometria



    En definitiva, o descubrimento do teorema de Pitágoras atribúese ao propio Pitágoras, de ahí o seu nome obviamente, pero tamén ha de sabers que outras civilizacions anteriormente xa o coñecían e utilizaban.



   

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario