Translate

jueves, 22 de octubre de 2015

MAYAS. Astronomia #1

    A astronomía maya foi seguramente a máis avanzada do seu tempo.Nesta cultura, a observación dos astros era vital para o desenrolo da vida material e espiritual. Existen certas características que a fan única respecto das astronomías desenroladas por outras trubus mesoamericanas. A máis representativa é o uso do calendario de "Conta Larga", mediante o cal se puideron facer prediccións de mais largo plazo. Este calendario acaba o famoso 21 de dicembro de 2012.
    Os Mayas fixeron cálculos exactos dos períodos orbitais sinódicos (Tempo que tarda un astro xirando arredor do Sol de aparecer no mesmo lugar respecto á Terra) de Mercurio, Venus, Marte Xúpiter e Saturno. Por exemplo, calcularon o período sinódico de Venus en 584 días, e o recoñecido actualmente é de 583,92 días, case demasiado exacto.
    A Vía Láctea era a parte central da súa Cosmología e a chamaban Wakah Chan,  e a relacionaban con Xibalbá, o inframundo maya. Incluso era chamada Xibalbá be o camiño a o inframundo. Tiñan un Zodiaco, basado na Eclíptica, o paso del Sol a través das constelación fixas. 
    Os coñecementos astronómicos eran propios dos sacerdotes, e o pobo respetábaos e facía a súa vida normal respecto aos pronósticos destes sacerdotes. Eran considerados próximos ás deidades xa que facían prediccións case exactas de eclipses ou do curso do planeta Venus, importante á hora de iniciar un conflicto bélico por exemplo. Cando os mayas foron conquistados e exclavizados, moitas destas prácticas comezaron a facerse de forma clandestina, e incluso algúns deles siguen vixentes hoxe en día. 
    Actualmente, de todos os documentos escritos polos mayas, despois da persecución e da queima dos mesmos, consérvanse 4 principais documentos ou códices. O códice de Dresde, o de Madrid, o de París e o de Gowlier.
    En conclusión, os mayas foron recoñecidos polas súas avanzadas matemáticas e astronomía, pola súa cultura e os seus escritos, cheos de simbolismos, representacións fanáticas e medo a que se lles acabase o tempo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario