Translate

jueves, 29 de octubre de 2015

MAYAS. Astronomía #2

     De todos os escritos mayas, hoxe en día só se conservan 3 aceptados unánimemente por todos os estudiosos da cultura maya. Estes escritos, denominados códices, son: O códice de Dresde, o códice de Madrid e o códice de Paris. Ademáis, existe outro escrito, o códice de Golier, pero a súa autenticidade non é defendida por todos os mayistas. 



   O códice de Dresde é o máis importante. É un calendario que mostra os deuses que influen en cada día. Tamén se explican detalles do calendario e do sistema numérico maya. Dalgunha maneira conseguiu chegar a Europa, e foi vendido á librería real da corte de Saxonia en Dresde. Nas páxinas dende a 46 ata a 50 esta escrito o calendario referente a Venus, o que demostra que esta cultura tiña un calenario moi complexo asociado a ideas ceremoniais. En cada unha de estas páxinas atopanse catro columnas con trinta dos signos utilizados no calendario de 260 días, o "Tzolkin". Cada día indica o día no Tzolkin onde cada un dos cinco períodos de Venus  ten unha posición determinada, que complementan oito anos de 365 días. 


    O códice de Madrid fala de horóscopos e sobre diferentes prediccións astrolóxicas. ten 112 páxinas e é obra de oito autores diferentes. estas paxinas sepáranse en dúas partes. O códice Troano e o códice Cortesano.

    O códice de París, pertencente á Biblioteca Nacional de Francia non está exposto ao público, aínda que existen copias para o seu estudo. O documento está formado por 11 páxinas, de duas das cuales perdéronse completamente os detalles. As demais presérvanse razonáblemente ben na parte central, aínda que polas esquinas os detalles foron borrados.

    O códice de Grolier foi descuberto recentemente, en 1971. ë un fragmento moi mal conservado de 11 páxinas, aínda que se determinou que debía pertenecer a un libro dunhas 20 páxinas. A pesar de que, tras facer probas, o documento esta datado en 1230, cunha error de paralelaxe duns 130 anos, existe unha gran controversia acerca da súa autenticidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario