Translate

jueves, 29 de octubre de 2015

MAYAS. Astronomía #2

     De todos os escritos mayas, hoxe en día só se conservan 3 aceptados unánimemente por todos os estudiosos da cultura maya. Estes escritos, denominados códices, son: O códice de Dresde, o códice de Madrid e o códice de Paris. Ademáis, existe outro escrito, o códice de Golier, pero a súa autenticidade non é defendida por todos os mayistas. 



   O códice de Dresde é o máis importante. É un calendario que mostra os deuses que influen en cada día. Tamén se explican detalles do calendario e do sistema numérico maya. Dalgunha maneira conseguiu chegar a Europa, e foi vendido á librería real da corte de Saxonia en Dresde. Nas páxinas dende a 46 ata a 50 esta escrito o calendario referente a Venus, o que demostra que esta cultura tiña un calenario moi complexo asociado a ideas ceremoniais. En cada unha de estas páxinas atopanse catro columnas con trinta dos signos utilizados no calendario de 260 días, o "Tzolkin". Cada día indica o día no Tzolkin onde cada un dos cinco períodos de Venus  ten unha posición determinada, que complementan oito anos de 365 días. 


    O códice de Madrid fala de horóscopos e sobre diferentes prediccións astrolóxicas. ten 112 páxinas e é obra de oito autores diferentes. estas paxinas sepáranse en dúas partes. O códice Troano e o códice Cortesano.

    O códice de París, pertencente á Biblioteca Nacional de Francia non está exposto ao público, aínda que existen copias para o seu estudo. O documento está formado por 11 páxinas, de duas das cuales perdéronse completamente os detalles. As demais presérvanse razonáblemente ben na parte central, aínda que polas esquinas os detalles foron borrados.

    O códice de Grolier foi descuberto recentemente, en 1971. ë un fragmento moi mal conservado de 11 páxinas, aínda que se determinou que debía pertenecer a un libro dunhas 20 páxinas. A pesar de que, tras facer probas, o documento esta datado en 1230, cunha error de paralelaxe duns 130 anos, existe unha gran controversia acerca da súa autenticidade.

jueves, 22 de octubre de 2015

MAYAS. Astronomia #1

    A astronomía maya foi seguramente a máis avanzada do seu tempo.Nesta cultura, a observación dos astros era vital para o desenrolo da vida material e espiritual. Existen certas características que a fan única respecto das astronomías desenroladas por outras trubus mesoamericanas. A máis representativa é o uso do calendario de "Conta Larga", mediante o cal se puideron facer prediccións de mais largo plazo. Este calendario acaba o famoso 21 de dicembro de 2012.
    Os Mayas fixeron cálculos exactos dos períodos orbitais sinódicos (Tempo que tarda un astro xirando arredor do Sol de aparecer no mesmo lugar respecto á Terra) de Mercurio, Venus, Marte Xúpiter e Saturno. Por exemplo, calcularon o período sinódico de Venus en 584 días, e o recoñecido actualmente é de 583,92 días, case demasiado exacto.
    A Vía Láctea era a parte central da súa Cosmología e a chamaban Wakah Chan,  e a relacionaban con Xibalbá, o inframundo maya. Incluso era chamada Xibalbá be o camiño a o inframundo. Tiñan un Zodiaco, basado na Eclíptica, o paso del Sol a través das constelación fixas. 
    Os coñecementos astronómicos eran propios dos sacerdotes, e o pobo respetábaos e facía a súa vida normal respecto aos pronósticos destes sacerdotes. Eran considerados próximos ás deidades xa que facían prediccións case exactas de eclipses ou do curso do planeta Venus, importante á hora de iniciar un conflicto bélico por exemplo. Cando os mayas foron conquistados e exclavizados, moitas destas prácticas comezaron a facerse de forma clandestina, e incluso algúns deles siguen vixentes hoxe en día. 
    Actualmente, de todos os documentos escritos polos mayas, despois da persecución e da queima dos mesmos, consérvanse 4 principais documentos ou códices. O códice de Dresde, o de Madrid, o de París e o de Gowlier.
    En conclusión, os mayas foron recoñecidos polas súas avanzadas matemáticas e astronomía, pola súa cultura e os seus escritos, cheos de simbolismos, representacións fanáticas e medo a que se lles acabase o tempo.


jueves, 15 de octubre de 2015

CIENCIA EN ESPAÑA. UN MATERIAL AUTORREPARABLE

Investigadores do Laboratorio de Adhesión e Adhesivos da Universidade de Alicante desenrolou un material polimérico, é dicir, unha resina, que é capaz de autorrepararse. O coautor do invento, José Miguel Martín, cree que é un material enormemente versátil e que podería ser usado en numerosos ámbitos, tales como a industria médica, da automoción, textil o incluso na aeroespacial pola súa capacidade autorexeneradora. Este material, tras romperse, pode ser reparado sen necesidade de usar cola ou de calquera outro estímulo externo, como a aplicación de calor, en tan só en 10 o 15 segundos. Esto prodúcese porque o proceso de reparación é un proceso físico, non químico.

    Ademáis, podese reparar tanto dentro como fora dun fluido, característica que según J. M. Martín non se a en ningún outro material. tamén é capaz de estirarse ata 1000 veces sen romperse e ademáis, ten memoria de forma, isto é, que volve á súa forma orixinal tras ser deformado por calquera forza. Martín admite que o descubrimento deste material foi accidental, pero que é o único material con todas estas capacidades xuntas. Anteriormente en EEUU habíanse desenrolado outros materiais con algunhas destas características, pero nunca con todas. Ademáis, o feito de que poda rexenerarse dentro dun fluído é algo inédito.

Dende logo, esta é unha gran innovación, que pode ter unha gran variedade de usos e ademáis, é de orixe Español, pese os constantes recortes en I+D.