Translate

jueves, 4 de febrero de 2016

VIRUS "ZIKA"

   O Virus Zika é un virus da familia "Flavivirus", transmitida pola picadura de mosquitos, e que produce unha enfermidade en humanos chamada "Febre do Zika". 
    
   O contaxio prodúcese cando un mosquito morde a unha persoa enferma, zugando o sangue e infectándose, e logo morde a unha persoa sa, á cal lle transmite a infección.

   Os síntomas desta enfermidade son similares aos de outras enfermidades transmitids por mosquitos, como o dengue, aínda que no 60-80% das veces non se manifesta ningún síntoma. Cando se manifestan, os síntomas perduran de 2 a 7 días, e entre eles se encontran a febre, conxuntivitis, artritis e eflorescencia, un síntoma que consiste nun cambio da epidermis que pode afectar ao color, textura ou apariencia.
   

   Recentemente, como consecuencia da epidemia de Zika en latinoamérica, descubriuse que en mulleres embarazadas o virus Zika pode provocar microcefalia nos fetos. A microcefalia é un trastorno que fai que os nenos nazan con un tamaño do cráneo menos ao habitual. 



  Actualmente non existen tratamentos antivirais específicos, xa da epidemia en latinoamérica apenas se había estudado esta enfermidade.



   Para prevenir esta enfermidade, se recomenda levar camisetas e pantalons con mangas longas, usar repelente de insectos, utilizar toldillos e dormir en habitacións cerradas libres de mosquitos ou con mosquiteiras. 




             

jueves, 21 de enero de 2016

POSIBLE NOVO PLANETA

   Os astrónomos do Instituto Tecnolóxico de California (Caltech), en EEUU acaban de publicar on chamativo hachazgo, a posibilidade da existencia dun novo planeta do sistema solar, do tamaño de neptuno, que orbitaría cun radio entre 600 e 1200 veces máis grande ca o da Terra.  
   Este sería un cambio importante para os libros de ciencia nas escolas. Os investigadores Michel Brown e Konstantin Batygin, a raíz de extrañas órbitas de corpos máis alá de Neptuno, porpuxeron a existencia de este planeta, xa que afirman que a posibilidade de que eses extraños corpos se conporten de forma tan extraña só ten un 0.007% de posibilidades de ser certa.
    A masa deste planeta hipotético sería 10 veces maior ca a da Terra, cun volume aproximado de 60 Terras, máis ou menos coma Neptuno. Os investigadores de este centro levan estudando esta posibilidade den de 2014 en secreto como consecuencia do descubrimento dun astro transneptuniano cuxa órbita só podería explicarse mediante a existencia deste hipotético planeta.


ENERXÍA OSCURA

   A enerxía oscura é unha forma de materia oscura (aquela materia que emite tan pouca radiación que non se pode observar cos métodos actuais, pero que si ten efectos gravitacionais) presente en todo o espazo que sería a culpable de que o universo estivese en expansión, debido a que é unha forza gravitacional repulsiva.


   Os datos das sondas COBE e WMAP sinalan que o Universo esta formado nun 5 % de materia e enerxía ordinarias, nun 25 % de materia oscura (que xera gravidade, consonte os datos obtidos da rotación das estrelas nas galaxias), e nun 70 % de enerxía escura (que mantén a súa densidade fixa no universo, a diferenza da materia e enerxía ordinarias que se diluen pola expansión do universo).



   Aínda que foi Albert Einstein o que postulou no século XX a existencia dunha enerxía á que chamou constante cosmolóxica, e que despois desdeñou coma un dos seus maiores erros, non sería ata o ano 1998 cando dous equipos científicos demostraron a expansión acelerada do universo e polo tanto a existencia da chamada enerxía escura. Un deles chamado "Proxecto Cosmolóxico Supernova"(Supernova Cosmology Project) dirixido por Saul Perlmutter no Laboratorio Nacional Lawrence Berkeley (Estados Unidos); e o outro chamado "Equipo de Busca de Supernovas de Alto Z" (High-z Supernova Search Team) dirixido por Brian Schmidt da Australian National University en Weston Creek (Australia), e no que tamén traballa Adam G. Riess da Jhons Hopkins University e do Space Telescope Science Institute de Baltimore (Estados Unidos). Ambos os equipos estudando as explosións de supernovas de tipo IA -como candeas estándar- descubriron de xeito independente a expansión acelerada do universo, isto é a separación entre os obxectos do universo aumenta de xeito exponencial en todas as direccións. Dende entón, a aceleración tense confirmado por outras fontes: medidas do fondo cósmico de microondas, lentes gravitacionais, nucleosínteses primixenias de elementos lixeiros, estrutura a grande escala do universo, medidas melloradas de supernovas IA, todas elas teñen sido consistentes co modelo Lambda-CDM. Saul Perlmutter, Brian P. Schmidt, e Adam G. Riess foron galardoados co Premio Nobel de Física no ano 2011 polo descubrimento da expansión acelerada do universo.

   O ámbito de estudo da enerxía oscura é algo relativamente novo do que aínda só sabemos un pequeno anaco do que algún día saberemos.